martes, 19 de abril de 2011

VOLVE A COPA, E VOLVE A LOITA!!

Este sábado o Muros SD xogou a previa da Copa da Costa. Durante a temporada ligueira estivemos máis ben desaparecidos, coma se fósemos un oso en hibernación. Tivemos algunha que outra aparición pero sempre escasa de persoal e de presión, coma un oso que se despereza pouco a pouco do letargo invernal. Pero xa temos aquí a primavera, e con ela a tan preciada copa que tan bos e inolvidables recordos nos trae á mente. E ca copa, os Muriños Blues rexurdimos como Ave Fénix e ruximos durante 90 minutos para empuxar ós nosos chavales a unha victoria que parecía non chegar. Mais chegou, e todo o esforzo mereceu a pena, e a churrascada foi a puta ostia!!

Agora toca Malpica, non nos desplazaremos alá, por que está a tomar polo cú, pero esperamos xa con ansia ese partido de volta no que sen dúbida o Muros dará un paso máis cara a victoria final nesta copa!! Por que nós soñamos con gañala. E ti?

M.B.
Sempre en Loita!
J&N sempre!

martes, 4 de mayo de 2010

Texto enviado a web informativa "Quepasanacosta.com"

Con motivo da celebración da final da Copa da Costa, onde os Murinhos Blues fixémonos tristemente famosos, por sufrir unha agresión brutal e desproporcionada, "Quepasanacosta.com" fixo un resumo do acontecido no partido. Este resumo, parecenos subxectivo e manipulador, polo que un dos nosos veciños envioulles un texto en contestación que de seguro non será publicado, pero do que deixamos aquí constancia.


Estimados señores da web “Quepasanacosta.com”.
Chámome Manuel María García Fernández e son un afeccionado do Muros S.D. Como membro dos Murinhos Blues o primeiro que quero e mandar unha mensaxe de ánimo ó noso compañeiro e amigo Aarón, que se está a recuperar do acontecido o sábado. En segundo lugar, quero felicitar os nosos rapaces polo éxito conseguido na Copa da Costa de xuvenís, así como felicitar tamén ós rapaces de Corme, xa que demostraron ser un grupo dunha calidade excepcional, empezando polo porteiro, que se segue progresando así pronto andarán tras del máis dun equipo dos grandes. Pero o motivo polo que vos dirixo este texto a vós é para comentar certas, ó meu entender, desafortunadas frases que deixou escritas un dos vosos redactores no resumo desta tan comentada final de copa.
Na vosa páxina facedes referencia as andainas dos Muriños Blues, e é certo que somos coñecidos en toda costa porque non somos exactamente uns santos, e que en certas ocasións deixamonos levar demasiado pola paixón, pero os Muriños Blues, por moito que animemos, que provoquemos, que insultemos, NUNCA agredimos a ninguén nun campo de fútbol. Os Muriños Blues saímos de case tódolos campos de fútbol con máis amigos dos que tíñamos ó saír de Muros. Tamén temos feito algún que outro enimigo. E ben sabedes que non fai falta que aparezan os Blues nun campo de fútbol da costa para que haxa insultos, provocacións e agresións nas gradas.
Pero o que máis perturba a miña mente e faime pensar que preciso asistencia psiquiátrica urxente e ler comentarios como o que segue: “Quedaron en Corme moi preocupados ante a actitude provocadora dos muradáns”.
Pois ben, nós si que viñemos preocupados e aterrorizados, e non só pola súa actitude, se non polos seus actos. Igual non entendo ben eu o que significa provocar.
PROVOCAR, para min, é quentar un partido durante toda unha semana con ameazas.
PROVOCAR, para min, é situarse detrás da porteria rival e insultar continuamente o porteiro, ameazalo de morte en repetidas ocasións, e lanzarlle obxectos explosivos.
PROVOCAR, para min, é marchar do sitio onde estaban mal situados e virse a situar detrás da afección rival.
PROVOCAR, para min, é chegar alí insultando e meténdose con homes, mulleres e nenos.
REACIONAR Á PROVOCACIÓN, para min, e subir ata onde están eles e contestar.
INTENTAR CALMAR OS ÁNIMOS, para min, e falar ca xente que alí estaba, pedindo calma e confraternizando.
AGREDIR, para min, é, despois de que pasaran dous ou tres minutos da confrontación inicial, e cando moitos de nós xa estabamos confraternizando, actuar dun xeito cobarde e a traizón empurrando á vez e premeditadamente ós rapaces e rapazas que se atopaban no borde da grada.
PROVOCAR, para min, é rirse e seguir insultando mentres un rapaz pelexa por escapar da morte.
PROVOCAR, para min, é pasar polo lado e deixar comentarios como: “Así morrera”, “Un fillo de puta menos”, “Por min como si morre”…
PROVOCAR, para min, é escribir nun periódico que se le en toda Galiza, cousas como “la Guardia Civil confirmó que la caída fue fortuita”, como fixo o señor Ferreiro, sabendo (se é que contrasta algo as súas informacións) que a Guardia Civil tiña identificado o agresor e que se o rapaz caeu non foi por obra e graza do Espírito Santo.
E PROVOCAR, para min, meus queridos membros de “Quepasanacosta.com”, é dicir cousas como “Quedaron en Corme moi preocupados ante a actitude provocadora dos muradáns”, intentando criminalizar a quén non cometeu crime ningún, e xustificando os actos daqueles que agrediron a un grupo de xente que eran na súa gran maioría nenos e nenas menores de idade. Eso é provocar, difamar e criminalizar.
Esta é a verdade do que pasou no Cairo, a miña verdade. Seguro que estou equivocado en algo, pero non creo que me confunda en todo. Os Muriños Blues fixemos mil e unha gamberradas por toda a costa, pero as gamberradas cobrámolas todas xuntas e a un prezo demasiado alto. Desta volta, por unha vez, nos non fomos os verdugos, fomos as víctimas, e non vou permitir que me fagades pensar o contrario. O próximo sábado estaremos en Ponteceso animando e dando alento ós nosos xogadores, que necesitan gañar para seguir adiante na copa, que gañe o millor, pero que non teñamos que lamentarnos máis.
Manuel María García Fernández
M.B.
J&N SEMPRE!
IMPOSIBLE OLVIDAR!

Unha fiestra para sacar a nosa voz ó mundo.

Ante as continuas desacreditacións que estamos a sufrir os afeccionados do Muros S.D., e a nula posibilidade que se nos da para expresarnos nos medios de comunicación da zona, abrimos este blog para dicir o que temos que dicir, e que todo aquel que queira plantexarnos calquer pregunta o faga libremente, sen ningún tipo de censura, deixando que cada un se censure así mesmo dende a educación que lle deron na casa e o sentido común. Benvidos ao rincón dos Muriños Blues.

P.D.: Pedimos a todo o mundo que deixe un comentario que se identifique, deixamos abertos os comentarios a todo o mundo que ten algo que dicir, pero que deixe claro quen é, aquí ninguén ten que esconderse por pensar diferente, somos persoas abertas e tolerantes.

M.B.
Sempre en loita
J&N Sempre
Imposible Olvidar!