martes, 4 de mayo de 2010

Texto enviado a web informativa "Quepasanacosta.com"

Con motivo da celebración da final da Copa da Costa, onde os Murinhos Blues fixémonos tristemente famosos, por sufrir unha agresión brutal e desproporcionada, "Quepasanacosta.com" fixo un resumo do acontecido no partido. Este resumo, parecenos subxectivo e manipulador, polo que un dos nosos veciños envioulles un texto en contestación que de seguro non será publicado, pero do que deixamos aquí constancia.


Estimados señores da web “Quepasanacosta.com”.
Chámome Manuel María García Fernández e son un afeccionado do Muros S.D. Como membro dos Murinhos Blues o primeiro que quero e mandar unha mensaxe de ánimo ó noso compañeiro e amigo Aarón, que se está a recuperar do acontecido o sábado. En segundo lugar, quero felicitar os nosos rapaces polo éxito conseguido na Copa da Costa de xuvenís, así como felicitar tamén ós rapaces de Corme, xa que demostraron ser un grupo dunha calidade excepcional, empezando polo porteiro, que se segue progresando así pronto andarán tras del máis dun equipo dos grandes. Pero o motivo polo que vos dirixo este texto a vós é para comentar certas, ó meu entender, desafortunadas frases que deixou escritas un dos vosos redactores no resumo desta tan comentada final de copa.
Na vosa páxina facedes referencia as andainas dos Muriños Blues, e é certo que somos coñecidos en toda costa porque non somos exactamente uns santos, e que en certas ocasións deixamonos levar demasiado pola paixón, pero os Muriños Blues, por moito que animemos, que provoquemos, que insultemos, NUNCA agredimos a ninguén nun campo de fútbol. Os Muriños Blues saímos de case tódolos campos de fútbol con máis amigos dos que tíñamos ó saír de Muros. Tamén temos feito algún que outro enimigo. E ben sabedes que non fai falta que aparezan os Blues nun campo de fútbol da costa para que haxa insultos, provocacións e agresións nas gradas.
Pero o que máis perturba a miña mente e faime pensar que preciso asistencia psiquiátrica urxente e ler comentarios como o que segue: “Quedaron en Corme moi preocupados ante a actitude provocadora dos muradáns”.
Pois ben, nós si que viñemos preocupados e aterrorizados, e non só pola súa actitude, se non polos seus actos. Igual non entendo ben eu o que significa provocar.
PROVOCAR, para min, é quentar un partido durante toda unha semana con ameazas.
PROVOCAR, para min, é situarse detrás da porteria rival e insultar continuamente o porteiro, ameazalo de morte en repetidas ocasións, e lanzarlle obxectos explosivos.
PROVOCAR, para min, é marchar do sitio onde estaban mal situados e virse a situar detrás da afección rival.
PROVOCAR, para min, é chegar alí insultando e meténdose con homes, mulleres e nenos.
REACIONAR Á PROVOCACIÓN, para min, e subir ata onde están eles e contestar.
INTENTAR CALMAR OS ÁNIMOS, para min, e falar ca xente que alí estaba, pedindo calma e confraternizando.
AGREDIR, para min, é, despois de que pasaran dous ou tres minutos da confrontación inicial, e cando moitos de nós xa estabamos confraternizando, actuar dun xeito cobarde e a traizón empurrando á vez e premeditadamente ós rapaces e rapazas que se atopaban no borde da grada.
PROVOCAR, para min, é rirse e seguir insultando mentres un rapaz pelexa por escapar da morte.
PROVOCAR, para min, é pasar polo lado e deixar comentarios como: “Así morrera”, “Un fillo de puta menos”, “Por min como si morre”…
PROVOCAR, para min, é escribir nun periódico que se le en toda Galiza, cousas como “la Guardia Civil confirmó que la caída fue fortuita”, como fixo o señor Ferreiro, sabendo (se é que contrasta algo as súas informacións) que a Guardia Civil tiña identificado o agresor e que se o rapaz caeu non foi por obra e graza do Espírito Santo.
E PROVOCAR, para min, meus queridos membros de “Quepasanacosta.com”, é dicir cousas como “Quedaron en Corme moi preocupados ante a actitude provocadora dos muradáns”, intentando criminalizar a quén non cometeu crime ningún, e xustificando os actos daqueles que agrediron a un grupo de xente que eran na súa gran maioría nenos e nenas menores de idade. Eso é provocar, difamar e criminalizar.
Esta é a verdade do que pasou no Cairo, a miña verdade. Seguro que estou equivocado en algo, pero non creo que me confunda en todo. Os Muriños Blues fixemos mil e unha gamberradas por toda a costa, pero as gamberradas cobrámolas todas xuntas e a un prezo demasiado alto. Desta volta, por unha vez, nos non fomos os verdugos, fomos as víctimas, e non vou permitir que me fagades pensar o contrario. O próximo sábado estaremos en Ponteceso animando e dando alento ós nosos xogadores, que necesitan gañar para seguir adiante na copa, que gañe o millor, pero que non teñamos que lamentarnos máis.
Manuel María García Fernández
M.B.
J&N SEMPRE!
IMPOSIBLE OLVIDAR!

5 comentarios:

Manu dijo...

Quero dar as grazas a quepasanacosta.com, por comprender o noso punto de vista e publicar o texto. Unha aperta.

Anónimo dijo...

Hai pescos, pescos, sabiades que esto iva acabar pasando, e dababos igual, seguiades sempre buscando tangana en todolos campos, espero que algun dia levantedes a cabesa e deadesvos conta de que fasedes é unha rapasada, eso que vos dicides animar, eso solo sirbe, para que a xente vos odie, que conste que teño moi boa relacion con xente de muros, sobre todo cos xogadores, que no campo polo menos son de xogo limpo, pero eso que facedes na grada, non ten nome, si vos aburrides, idevos por ahi a tirar pedras uns os outros, pero non lle arruinedes a tarde a ninguen (aficionados rivais, xogadores do equipo contrario, arbitros, hasta en moitas ocasions os vosos xogadores e a vosa directiva) non sei si vos dades de conta que ensuciades o nome da vosa "Vila". Asi que facedelle un favor o fubol, e deixade eso, hai mil e unha formas de animar sin insultar nin provocar, e para finalizar, querolles dar a miña noraboa os xogadores, pola magnifica actuación da copa, e os "Murinhos Blues" que deixedes de facer parbadas...

Anónimo dijo...

de provocar a agredir hai un camiño moi longo,e nos xamais o cruzamos,temos a conciencia tranquila e xente que nos apoia,imos seguir animando o noso equipo,que e o unico que nos interesa,e non as opinions do resto da xente,e moito menos se veñen escondidas tras un "anonimo" (paki)

Anónimo dijo...

Non poño o nome para evitar problemas, non me fai falta decir quen son, porque penso que tampouco lle faltei o respecto a nadie, ainda asi son de mais serca de donde ti crees.

Manu dijo...

Fixemos esta páxina para que todo o mundo se poda expresar libremente, pero esconderse tampouco é o camiño. Somos persoas tolerantes e aceptamos o punta de vista de todo o mundo, por que digas quen es non tes por que ter problemas, e nós saberemos con quen falamos. Saúdos.

Publicar un comentario